I.
Revista

jueves, 12 de junio de 2008

Reseña de Los perfiles gallegos de Carmen Martín Gaite

ANDOLIÑA

Carmen Martín Gaite

MARCOS VALCÁRCEL

Hai dúas ou tres semanas presentouse en Allariz un estudo titulado Los perfiles gallegos de Carmen Martín Gaite. Era coñecida de vello a existencia de raíces galegas na vida e na obra da salmantina e diso falara o malogrado Luís Rivas Villanueva en 1988: dos irmáns Joaquín e Antonio Gaite y Núñez, chegados de Teruel a Galicia a mediados do XIX. O primeiro foi un daqueles catedráticos de Instituto aurorais, cun papel sobranceiro na prensa ourensá.
O traballo que citei é da autoría de David González Couso e esculca na presenza galega na salmantina: dende riscos do seu carácter ("la flexibilidad, ese doblarse sin partirse") ata o retrato do lugar idílico da infancia (a aldea de San Lorenzo de Piñor), o familiar apelativo de Carmiña ou mesmo obxectos citados nas novelas: un vello aparador traído de Galicia que evoca a memoria do avó.
David González fai unha análise intratextual e tamén intertextual da narrativa de Martín Gaite e rexistra evocacións galegas nos espazos de Las ataduras, Retahílas, El cuarto de atrás, El pastel del diablo e La Reina de las Nieves. Os amantes da obra de Martín Gaite encontrarán moitas suxestións valiosas nestas páxinas.l